24 jun 2014

NOTA INFORMATIVA DO PGD DE O GROVE

NOTA INFORMATIVA DO PGD DE O GROVE

Ante as reiteradas críticas que nos últimos días está a recibir o noso concelleiro José Alfredo Bea García, dende o PP de O Grove; non nos queda máis remedio que sair en resposta a estas críticas, que non entendemos, pois non entendemos que se critique a laboura que estamos a levar dende PGD de O Grove, solicitando melloras para o noso pobo.
Consideramos que a Xunta de Galicia é de todolos galeg@s, e non só dun ou doutro partido, e o longo dos anos ten débedas pendentes con este municipio, gobernase quen gobernase. E por elo contamos co dereito de reclamar o que ollamos necesario para o noso pobo.
Entendemos menos ainda, que as nosas peticións de melloras ante a Xunta non sexan contestadas por esta administración, e nembargantes somos criticados polo PP de O Grove, cando consideramos que deberían poñerse o noso carón nestas xustas reinvindicacións para o noso pobo.
Estamos a traballar nun goberno do que formamos parte, pero non somos do Partido Popular, e nas nosas peticións de melloras en ningún momento atacamos os compañeir@s do goberno de O Grove, e máis, destacamos a laboura que se está facendo, polo que consideramos que as críticas recibidas dende o PP de O Grove son totalmente inmerecidas e non teñen xustificación.
O que si lle recriminamos dende o PGD o noso concelleiro, non é que se meta nas competencias de outros concelleiros como así o acusan algúns a través da prensa; sinón que en moitas ocasións salga na defensa de cousas que non son das súas competencias, co que as críticias a outros departamentos do Goberno voltanse cara a él e cara a nós, convertindose así no “parachoques” das críticas ao Goberno; non recibindo él ese mesmo apoio de outros membros do goberno mais directamente afactados.
E para rematar faremos o seguinte resumen:
1º Que o PGD entrou nun pacto de goberno en O Grove, pero non no PP de O Grove; polo que conservamos intacta a nosa autonomía como partido e así defendemos a independencia dos votos dos cuidadanos que nos apoiaron como partido político.
2º Como partido que somos, temos dereito a presentar as mocións que estimemos oportunas na defensa de O Grove e das suas necesidades fundamentais.
3º Asinamos un pacto de goberno o que estamos sendo leais, así como estamos sendo leais cos demais compoñentes do pacto. E queremos que o pacto se cumpla, e si poden vir máis inversións para O Grove a parte das que se recollen en dito pacto, pois mellor.
4º Os que critican o noso concelleiro e a actuación do PGD de O Grove, aconsellamoslle que lean o pacto de gobernó que se asinou e, e o mesmo tempo que lean a moción presentada polo noso partido solicitando melloras para o noso pobo e logo que nos digan que puntos dos que solicitamos eliminarian de dita moción.
E si lle tiveran a mitade do cariño que lle temos nós o noso pobo, poríanse o noso lado para pedir o mesmo e estaremos sempre o lado deles nas mesmas peticións que eles fagan.
Seamos honestos con nós e cos vecinos que nos votaron, e poñámonos todos xuntos a traballar de verdade polo noso pobo, e así no Partido Galesguista Democrata, deixariamos de ter a impresión de estar casi sempre solos e traballando contra corriente.


Moción PGD PADRÓN

Moción presentada polo PGD para falar da unificación de concellos.

19 may 2014

Noticia en prensa PGD PADRÓN

PGD PADRÓN PLAN PROVINCIAL DTC 2014

 NOTA DE PRENSA DO P.G.D. DE PADRON


TEMA:   PLAN PROVINCIAL DTC 2014 

O PGD parte da base que toda inversión que veña ao noso Concello e boa, xa sexa de infraestructura ou doutro tipo. Neste DTC 2014, presentado onte ò pleno para a súa aprobación, foron propostas únicamente consensuadas entre os membros do goberno do PP, e decir, un goberno que representa a 5 concelleiros de 13 que ten a Corporación Municipal, os do PP son os que decidiron que son obras prioritarias, sen desmerecer que algunha sexa, pero sen contar con nadie máis. Polo que dende o PGD consideramos que neste tipo de Plans ou doutros que veñan a Padrón, e máis nas circunstancias de números actuais que nos movemos en representación na Corporación, terían ou deberían falar, negociar co resto dos membros das forzas políticas do Concello, para que os distintos partidos presenten outros proxectos e buscando sempre a máxima optimización e o máximo rendimento dos investimentos a realizar no noso Concello, e decir, que entre todos dígamos cales son obras prioritarias e que destas saian beneficiados o maior número de veciños. Tamén queremos aclarar que nos tíñamos coñecemento deste Plan, pero dentro destas propostas do PP, non hai ningunha das que lle plantexamos no seu momento, cando pertenecíamos ao goberno, é máis,presentaramos 2 proxectos redactados por técnicos que eran o  "Saneamento de Iria-Flavia" proposta presentada en Maio de 2013, e "Mellora de Rede de Saneamento e Instalación de Bombeo en Lestido" proposta en Marzo de 2014 ademáis esta non necesita permisos sectoriais para a súa execución e ningunha foi presentada para aprobación. 
En resumen para  nós, os do PP non contaron con ninguén para estes proxectos e agora queren que as obras que eles consideran necesarias, nos as aceptemos, pois o PGD considera que así non se fan as cousas nin se actua desa maneira.

25 abr 2014

Moción do PGD de Padrón



Moción que se aprobou por unanimidade no pleno ordinario celebrado Xoves día 24 de abril, ás 20 horas.
O acordo a adoptar  foi o seguinte:
  A realización dos trámites necesarios para levar a cabo os puntos mencionados anteriormente.









Ó PLENO DO CONCELLO DE PADRÓN,

Don Anxo Rodríguez Conde na súa condición de Voceiro do Grupo Municipal do Partido Galeguista, e ó abeiro do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presenta á consideración do Pleno da Corporación Municipal as seguintes:

MOCIONS

  1. Para lograr un maior acercamento dos servizos do Catastro os veciños e manter o mais actualizado posible a información sobre os bens inmuebles e a existencia de un inventario dos bens inmobles, debidamente actualizado consideramos que debería existir un Punto de Información Catastral dentro do noso Concello. Isto faríase con unha colaboración administrativa do Concello coa Dirección Xeral do Catastro.

  1. As funcións que poderán ser obxecto dos convenios veñen reguladas no artigo 64.3 do Real Decreto 417/2006, tales como a tramitación de expedientes relativos a cambios na titularidade catastral dos inmobles, tramitación de declaracións relativas a modificacións na descrición catastral dos inmobles, subsanación de discrepancias, colaboración no proceso de notificación e atención ao público derivados dos procedementos de valoración colectiva ou doutros procedementos catastrais....

  1. Os convenios de colaboración poderán subscribirse previa petición da entidade interesada. A solicitude será formulada directamente ante a Dirección Xeral ou ben a través da Xerencia ou Subxerencia do Catastro correspondente segundo o ámbito territorial da entidade colaboradora.

  1. Á solicitude achegarase unha memoria explicativa co obxecto do convenio, o alcance das funcións a exercer e os medios persoais e materiais para o desenvolvemento das mesmas. En todo caso, e para simplificar a labor dos servizos administrativos do Concello, xunto o convenio marco con Catastro.




En Padrón, a 14 de marzo de 2014








Asdo.. Anxo Rodríguez Conde


PGD de Oroso

Blog do noso concelleiro en Oroso Siverio