Mostrando entradas con la etiqueta PGD PADRÓN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PGD PADRÓN. Mostrar todas las entradas
6 mar 2015
24 jun 2014
10 jun 2014
19 may 2014
PGD PADRÓN PLAN PROVINCIAL DTC 2014
NOTA DE PRENSA DO P.G.D. DE PADRON
TEMA: PLAN PROVINCIAL DTC 2014
O PGD parte da base que toda inversión que veña ao noso Concello e boa, xa sexa de infraestructura ou doutro tipo. Neste DTC 2014, presentado onte ò pleno para a súa aprobación, foron propostas únicamente consensuadas entre os membros do goberno do PP, e decir, un goberno que representa a 5 concelleiros de 13 que ten a Corporación Municipal, os do PP son os que decidiron que son obras prioritarias, sen desmerecer que algunha sexa, pero sen contar con nadie máis. Polo que dende o PGD consideramos que neste tipo de Plans ou doutros que veñan a Padrón, e máis nas circunstancias de números actuais que nos movemos en representación na Corporación, terían ou deberían falar, negociar co resto dos membros das forzas políticas do Concello, para que os distintos partidos presenten outros proxectos e buscando sempre a máxima optimización e o máximo rendimento dos investimentos a realizar no noso Concello, e decir, que entre todos dígamos cales son obras prioritarias e que destas saian beneficiados o maior número de veciños. Tamén queremos aclarar que nos tíñamos coñecemento deste Plan, pero dentro destas propostas do PP, non hai ningunha das que lle plantexamos no seu momento, cando pertenecíamos ao goberno, é máis,presentaramos 2 proxectos redactados por técnicos que eran o "Saneamento de Iria-Flavia" proposta presentada en Maio de 2013, e "Mellora de Rede de Saneamento e Instalación de Bombeo en Lestido" proposta en Marzo de 2014 ademáis esta non necesita permisos sectoriais para a súa execución e ningunha foi presentada para aprobación.
25 abr 2014
Moción do PGD de Padrón
Moción que se aprobou por unanimidade no pleno ordinario celebrado Xoves día 24 de abril, ás 20 horas.
O acordo a adoptar foi o seguinte:
A realización dos trámites necesarios para levar a cabo os puntos mencionados anteriormente.
Ó PLENO DO CONCELLO DE
PADRÓN,
Don Anxo Rodríguez
Conde na súa condición de Voceiro do Grupo Municipal do Partido
Galeguista, e ó abeiro do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Real
Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o
Regulamento de Organización Funcionamento e Réxime Xurídico das
Entidades Locais, presenta á consideración do Pleno da Corporación
Municipal as seguintes:
MOCIONS
- Para lograr un maior acercamento dos servizos do Catastro os veciños e manter o mais actualizado posible a información sobre os bens inmuebles e a existencia de un inventario dos bens inmobles, debidamente actualizado consideramos que debería existir un Punto de Información Catastral dentro do noso Concello. Isto faríase con unha colaboración administrativa do Concello coa Dirección Xeral do Catastro.
- As funcións que poderán ser obxecto dos convenios veñen reguladas no artigo 64.3 do Real Decreto 417/2006, tales como a tramitación de expedientes relativos a cambios na titularidade catastral dos inmobles, tramitación de declaracións relativas a modificacións na descrición catastral dos inmobles, subsanación de discrepancias, colaboración no proceso de notificación e atención ao público derivados dos procedementos de valoración colectiva ou doutros procedementos catastrais....
- Os convenios de colaboración poderán subscribirse previa petición da entidade interesada. A solicitude será formulada directamente ante a Dirección Xeral ou ben a través da Xerencia ou Subxerencia do Catastro correspondente segundo o ámbito territorial da entidade colaboradora.
- Á solicitude achegarase unha memoria explicativa co obxecto do convenio, o alcance das funcións a exercer e os medios persoais e materiais para o desenvolvemento das mesmas. En todo caso, e para simplificar a labor dos servizos administrativos do Concello, xunto o convenio marco con Catastro.
En Padrón, a 14 de
marzo de 2014
Asdo..
Anxo Rodríguez Conde
3 abr 2014
17 mar 2014
14 feb 2014
11 jun 2013
12 jun 2012
7 nov 2011
28 oct 2011
27 sept 2011
24 sept 2011
19 abr 2011
17 abr 2011
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










