6 mar 2015
25 jun 2014
24 jun 2014
NOTA INFORMATIVA DO PGD DE O GROVE
NOTA
INFORMATIVA DO PGD DE O GROVE
Ante as
reiteradas críticas que nos últimos días está a recibir o noso
concelleiro José Alfredo Bea García, dende o PP de O Grove; non nos
queda máis remedio que sair en resposta a estas críticas, que non
entendemos, pois non entendemos que se critique a laboura que estamos
a levar dende PGD de O Grove, solicitando melloras para o noso pobo.
Consideramos
que a Xunta de Galicia é de todolos galeg@s, e non só dun ou doutro
partido, e o longo dos anos ten débedas pendentes con este
municipio, gobernase quen gobernase. E por elo contamos co dereito de
reclamar o que ollamos necesario para o noso pobo.
Entendemos
menos ainda, que as nosas peticións de melloras ante a Xunta non
sexan contestadas por esta administración, e nembargantes somos
criticados polo PP de O Grove, cando consideramos que deberían
poñerse o noso carón nestas xustas reinvindicacións para o noso
pobo.
Estamos
a traballar nun goberno do que formamos parte, pero non somos do
Partido Popular, e nas nosas peticións de melloras en ningún
momento atacamos os compañeir@s do goberno de O Grove, e máis,
destacamos a laboura que se está facendo, polo que consideramos que
as críticas recibidas dende o PP de O Grove son totalmente
inmerecidas e non teñen xustificación.
O que
si lle recriminamos dende o PGD o noso concelleiro, non é que se
meta nas competencias de outros concelleiros como así o acusan
algúns a través da prensa; sinón que en moitas ocasións salga na
defensa de cousas que non son das súas competencias, co que as
críticias a outros departamentos do Goberno voltanse cara a él e
cara a nós, convertindose así no “parachoques” das críticas ao
Goberno; non recibindo él ese mesmo apoio de outros membros do
goberno mais directamente afactados.
E para
rematar faremos o seguinte resumen:
1º Que
o PGD entrou nun pacto de goberno en O Grove, pero non no PP de O
Grove; polo que conservamos intacta a nosa autonomía como partido e
así defendemos a independencia dos votos dos cuidadanos que nos
apoiaron como partido político.
2º
Como partido que somos, temos dereito a presentar as mocións que
estimemos oportunas na defensa de O Grove e das suas necesidades
fundamentais.
3º
Asinamos un pacto de goberno o que estamos sendo leais, así como
estamos sendo leais cos demais compoñentes do pacto. E queremos que
o pacto se cumpla, e si poden vir máis inversións para O Grove a
parte das que se recollen en dito pacto, pois mellor.
4º Os
que critican o noso concelleiro e a actuación do PGD de O Grove,
aconsellamoslle que lean o pacto de gobernó que se asinou e, e o
mesmo tempo que lean a moción presentada polo noso partido
solicitando melloras para o noso pobo e logo que nos digan que puntos
dos que solicitamos eliminarian de dita moción.
E si
lle tiveran a mitade do cariño que lle temos nós o noso pobo,
poríanse o noso lado para pedir o mesmo e estaremos sempre o lado
deles nas mesmas peticións que eles fagan.
Seamos
honestos con nós e cos vecinos que nos votaron, e poñámonos todos
xuntos a traballar de verdade polo noso pobo, e así no Partido
Galesguista Democrata, deixariamos de ter a impresión de estar casi
sempre solos e traballando contra corriente.
10 jun 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)