SEGUENOS POR CORREO

24 jun. 2014

NOTA INFORMATIVA DO PGD DE O GROVE

NOTA INFORMATIVA DO PGD DE O GROVE

Ante as reiteradas críticas que nos últimos días está a recibir o noso concelleiro José Alfredo Bea García, dende o PP de O Grove; non nos queda máis remedio que sair en resposta a estas críticas, que non entendemos, pois non entendemos que se critique a laboura que estamos a levar dende PGD de O Grove, solicitando melloras para o noso pobo.
Consideramos que a Xunta de Galicia é de todolos galeg@s, e non só dun ou doutro partido, e o longo dos anos ten débedas pendentes con este municipio, gobernase quen gobernase. E por elo contamos co dereito de reclamar o que ollamos necesario para o noso pobo.
Entendemos menos ainda, que as nosas peticións de melloras ante a Xunta non sexan contestadas por esta administración, e nembargantes somos criticados polo PP de O Grove, cando consideramos que deberían poñerse o noso carón nestas xustas reinvindicacións para o noso pobo.
Estamos a traballar nun goberno do que formamos parte, pero non somos do Partido Popular, e nas nosas peticións de melloras en ningún momento atacamos os compañeir@s do goberno de O Grove, e máis, destacamos a laboura que se está facendo, polo que consideramos que as críticas recibidas dende o PP de O Grove son totalmente inmerecidas e non teñen xustificación.
O que si lle recriminamos dende o PGD o noso concelleiro, non é que se meta nas competencias de outros concelleiros como así o acusan algúns a través da prensa; sinón que en moitas ocasións salga na defensa de cousas que non son das súas competencias, co que as críticias a outros departamentos do Goberno voltanse cara a él e cara a nós, convertindose así no “parachoques” das críticas ao Goberno; non recibindo él ese mesmo apoio de outros membros do goberno mais directamente afactados.
E para rematar faremos o seguinte resumen:
1º Que o PGD entrou nun pacto de goberno en O Grove, pero non no PP de O Grove; polo que conservamos intacta a nosa autonomía como partido e así defendemos a independencia dos votos dos cuidadanos que nos apoiaron como partido político.
2º Como partido que somos, temos dereito a presentar as mocións que estimemos oportunas na defensa de O Grove e das suas necesidades fundamentais.
3º Asinamos un pacto de goberno o que estamos sendo leais, así como estamos sendo leais cos demais compoñentes do pacto. E queremos que o pacto se cumpla, e si poden vir máis inversións para O Grove a parte das que se recollen en dito pacto, pois mellor.
4º Os que critican o noso concelleiro e a actuación do PGD de O Grove, aconsellamoslle que lean o pacto de gobernó que se asinou e, e o mesmo tempo que lean a moción presentada polo noso partido solicitando melloras para o noso pobo e logo que nos digan que puntos dos que solicitamos eliminarian de dita moción.
E si lle tiveran a mitade do cariño que lle temos nós o noso pobo, poríanse o noso lado para pedir o mesmo e estaremos sempre o lado deles nas mesmas peticións que eles fagan.
Seamos honestos con nós e cos vecinos que nos votaron, e poñámonos todos xuntos a traballar de verdade polo noso pobo, e así no Partido Galesguista Democrata, deixariamos de ter a impresión de estar casi sempre solos e traballando contra corriente.


Moción PGD PADRÓN

Moción presentada polo PGD para falar da unificación de concellos.