O 5 e 6 de decembro de 1931 o Partido Galeguista de Pontevedra convoca a VII Asemblea Nacionalista co propósito de crear un partido nacionalista. Á convocatoria acoden 32 grupos e irmandades, entre os que destacan o Grupo Autonomista Galego de Vigo, Labor Galeguista e o Partido Nazonalista Republicán de Ourense. Tamén participan representantes da Federación de Sociedades Galegas de Arxentina e da sección arxentina da ORGA.
Nesta Asemblea decídese a disolución das Irmandades da Fala integrándose os seus membros no Partido Galeguista que nace nese momento. O acordo de constitución reclama, por primeira vez na historia de Galicia, o dereito de autodeterminación e proclama, como primeiro obxectivo político, a redacción dun Estatuto de Autonomía. Castelao e Otero Pedrayo forman parte do Consello Executivo.
En 1932 participou xunto co Partido Republicano Gallego e Acción Republicana no Comité de Propaganda do Estatuto, ao tempo que se preparaba para participar en solitario, ou en candidaturas conxuntas cos agraristas, nas eleccións municipais de abril de 1933, nas que só obtivo un concelleiro en Ourense e a maioría, aliado cos agrarios, en Tui, estes malos resultados levaron ao sector progresista do PG a favorecer pactos cos partidos republicanos, ao que se opuña o sector conservador liderado por Vicente Risco.
Despois da folga xeral revolucionaria de 1934, na que o PG non participou, o goberno, suspendeu A Nosa Terra e desterrou a Castelao e Bóveda, descabezando o PG e provocando un descenso momentáneo da militancia, pero ao tempo favoreceu a formación dunha alianza cos republicanos de esquerda que fixera posible a aprobación do Estatuto.
Na III Asemblea do PG, celebrada en Ourense o 13 e 14 de xaneiro de 1934aprobouse coa oposición de Risco a alianza estratéxica cos republicanos e socialistas, ratificada na IV Asemblea do PG, celebrada en Santiago de Compostela o 20 e 21 de abril de 1935, coa oposición de Ramón Otero Pedrayo, o que provoca a escisión dun sector da dereita do PG, encabezada por Vicente Risco que formou a Dereita Galeguista.
Tras a sublevación do 18 de xullo de 1936 que puxo fin á actividade do PG en Galicia, comezou a represión dos militantes galeguistas, algúns dirixentes como Johán Carballeira, Ánxel Casal, Manuel Lustres Rivas, Camilo Díaz Baliño, Víctor Casas ou Alexandre Bóvedaforon fusilados, outros marcheron ao exilio, aínda así o PG desaprobou a participación dos seus militantes na guerrilla antifranquista.
En 1937 o PG abriu unha delegación en Barcelona, e publicou o voceiro Nova Galicia entre abril de 1937 e xullo de 1938 dirixido por Castelao e Suárez Picallo. A prioridade foi a unidade das forzas democráticas para salvar a República e manter o facho do galeguista acceso.
Trala caída de Cataluña os galeguistas pasaron a Francia e dende alí dirixíronse a diversos países de América.
Coa volta a democracia o Partido Galeguista foi refundado en 1978, reclamándose herdeiro histórico do Partido Galeguista da Segunda República Española.
Naceu coalición do Partido Popular Galego con Xaime Illa Couto a súa fronte e o Partido Galego Social Demócrata, convocouse un Congreso Constituínte en novembro de 1978 no cal participaron membros históricos do PG como Ramón Martínez López que pasou a ser o presidente da nova formación e Avelino Pousa Antelo secretario xeral, aos oito meses Pousa Antelo pasou a ser o presidente e Luís Sobrado secretario xeral.
Para as eleccións xerais e autonómicas de 1979 integrouse en Unidade Galega e pediu o voto positivo no referendo do Estatuto de 1980. No Congreso de xuño de 1981o PG virou á dereita, elixiu como presidente a Alfonso Álvarez Gándara e expulsou ao sector encabezado por Luís Sobrado. Nas eleccións autonómicas de 1981 presentouse en solitario e obtivo 32.623 votos (3'23%), e nas municipais de 1983 só obtivo 10.752 votos. En decembro celebrou o seu III Congreso Xosé Henrique Rodríguez Peña foi elixido novo secretario xeral e Indalecio Tizón Covelo como vicesecretario. Por dificultades económicas non se presentou ás eleccións xerais de 1983.
No Congreso extraordinario celebrado o 19 de febreiro de 1984, a instancias do seu secretario xeral Rodríguez Peña, decidiuse por 92 a 88 votos integrarse en Coalición Galega, o que supuxo a saída dos históricos Manuel Beiras e Avelino Pousa Antelo e algúns outros galeguistas históricos, que fundaron o Partido Galeguista Nacionalista.
No 2004 houbo un intento de refundación do PG, pero ó non sair adiante, os verdadeiros galeguistas de centro fundamos o Partido Galeguista Demócrata.
No hay comentarios:
Publicar un comentario