1 ago 2011

PGD O GROVE


NOTA INFORMATIVA DO PARTIDO GALEGUISTA DEMOCRATA
O GROVE

Unha vez máis dende o PGD temos que sair o paso das afirmacións do ex-alcalde, José Antonio Cacabelos; neste caso verquidas no último pleno celebrado no Concello do Grove. No que acusou a este partido de falla de coherencia porque no mes de febreiro votamos a favor do Plan Especial para o terreo onde esta previsto a construcción do Centro de Día e, que agora votamos a favor de que se inicie de novo o trámite.
De novo o Sr. Cacabelos fai demagoxía con un tema de tanta importancia e necesidade para os nosos veciños como é o Centro de Día. Pois no seu día o PGD votou a favor do Plan Especial que se remiteu a Xunta de Galicia, desde onde se respostou que tal Plan era nulo de pleno dereito e necesitaba uns cambios no seu procedemento.
Esto fai que sexa necesario iniciar o trámite dende o inicio, cousa que nos apoiamos para que se faga coa maior prontitude, polo que votamos a favor desta proposta. E máis, fumos o único partido que votamos a favor deste proxecto tanto nun primeiro momento, como agora, e decir os que cambiaron  foron os demais, polo que a nosa coherencia esta máis que demostrada, non así a de outros.
Tamén nos sorprende as afirmacións do Sr. Cacabelos nas que amosa unha nova faceta e nas que faí de adivino cando augura un cambio de destino ao prestamo solicitado para a construcción do Centro do Día, ou que se quere alongar o tempo para o inicio da súa construcción.
Por eso lle queremos decir e deixar meridiamente claro, que no pacto de goberno asinado polo PGD, un dos nosos principais obxetivos, xunto coa redacción do PXOM e, a construcción do Centro de Día para o noso pobo, e imos loitar para que sexa unha realidade a maior brevidade posible, pero cumprindo coa legalidade.
Dende a bancada socialista rumorease que no PGD cambiamos de lugar, non dandose conta que os que cambiaron foron eles, pois nos seguimos no goberno, mentras eles están na oposición. Lugar que o Sr. Cacabelos con declaracións de mal gusto e rozando o insulto pedía para nos e, o son eles os que se teñen que ir acostumbrando a ese cambio que sufriron.
Asimesmo neste primeiro pleno ordinario da lexislatura, ainda que polas intervencións da oposición parecia que transcurriran xa varios meses do novo goberno. Unha vez máis nos sorprende o Sr. Cacabelos cando en rogos e preguntas solicitou que a concellería de deportes elabore un regulamento de usos para a zona deportiva de Terra de Porto.
Esta petición sorprendeunos e o mesmo tempo alegranos pois, por fin o Sr. Cacabelos se deu  conta de que unha pista deportiva debe depender da concellalía de deportes, cousa da que non se dou conta mentras era o alcalde e da que non se recordou mentras sacaba fotos nesta pista deportiva, facía reportaxes e otros menesteres durante a campaña das municipais. Non acordandose entonces do seu compañeiro de goberno e concelleiro de deportes para o estudio do diseño da pista, para a súa presentación, para o seu uso, incluso para contratar un monitor a través da concellalía de educación, naquel entonces en mans socialistas.
Por todo elo, alegrámonos de que por fin o Sr. Cacabelos se de conta e recoñeza que unha pista deportiva depende da concellalía de deportes e, que sexa esta a que establezca o seu regulamento de usos. O mesmo Sr. Cacabelos que pide que se respete o seu traballo, cando el mesmo non foi quen de respetar os seus compañeiros de goberno.

No hay comentarios:

Publicar un comentario