7 nov 2011

PGD O GROVE



                REUNIÓN DO PARTIDO GALEGUISTA DEMOCRATA DO GROVE

A Asamblea do Partido Galeguista Democrata do Grove reuneuse na tarde do mércores para analizar e debatir o camiño andado dentro do novo gobernó e, os pasos a seguir dende o propio partido.
No tema interno, vaise dar un pulo importante para que antes de fin de ano estén formalizados todolos órganos e representacións do partido a nivel da nosa xunta municipal, co obxetivo principal de consolidar o PGD no concello de O Grove, o tempo que se abra unha porta os veciños e veciñas do Grove de cara recibir e poder solucionar as súas inquedanzas.
No referente o novo goberno, deuse un repaso o feito ata o de agora, dando puntual información da reunión de seguimento do pacto mantida o pasado luns na que estiberon presentes os tres partidos que formamos o goberno, e a situación na que se atopan os principais obxetivos que se marcaron no pacto de gobernó.
Tamén se falou dos traballos realizados nas concellalías que son responsabilidade do PGD no gobernó, amosando a satisfacción de que algúnhas das prioridades marcadas neste senso, comenzan a ver a luz: novo pavillón de deportes, arranxo do Monte da Vila, etc.
Asimesmo se deu un repaso o falado na reunión que os portavoces municipais mantiveron na mañan do mércores, para tratar sobre o PXOM, e os puntos principais que se marcaron neste apartado, de cara a recoller aportacións os mesmos.
Tamén se deixou claro nesta reunión que o PGD vai seguir mantendo, como ata o de agora, unha voz independente; e decir, que como membro do equipo de gobernó asumiremos os comunicados do goberno. Pero nas opinións que fagan os partidos ou os políticos a nivel individual  o PGD vai manter a súa independencia e valorará a súa postura a hora de apoiar ou non certas informacións que poidan verterse na prensa dende os diferentes partidos políticos, tanto do goberno como da oposición, sobor de todo cando afecten a nivel persoal.
E non compartiremos cando se queira malmeter sobre contratacións de persoas familiares ou non dalgún político, pois dende o PGD sempre apostamos pola contratación de persoas que estén preparadas para a súa función e defendan o seu posto de traballo con satisfacción, sin ver  cal e a súa afiliación política ou cal é o seu apelido.  E queremos deixar de lado liortas políticas totalmente esteriles e, que non aportan nada a vida política local e o funcionamento dos servicios municipais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario