9 dic 2011

PGD O GROVE



J. Alfredo Bea, elexido Coordinador Municipal do PGD de O Grove

Tal como estaba previsto, celebrouse a Asamblea do Partido Galeguista Demócrata de O Grove para a elección e constitución da Xunta Municipal. Xunta que estará composta por dous órganos: a Asamblea Municipal e a Executiva Municipal.
Dentro da Executiva Municipal, José Alfredo Bea foi elexido como Coordinador Municipal e máximo responsable do partido. Neste mesmo órgano elexironse un Secretario de Area por cada unha das concellalías nas que o PGD ten responsabilidades no goberno meco.
-          Secretario da Area de Seguridade Cidadán e Emerxencias, Victor Otero.
-          Secretario da Area de Xuventude e Mocidade, Henrique Escalante.
-          Secretario da Area de Deportes, Manolo Lamas.
-          Secretario da Area de Medio Ambiente e Limpeza, Mª del Carmen González.
Asimesmo elexironse varios vocais noutras areas de traballo e, algún que colaborarán cos secretarios da súa area.
-          Vocal de Asuntos Sociais e Muller: Soledad Mouriño.
-          Vocal de Hostelería: Alberto Caneda.
-          Vocal de Vías e Obras: Antonio Vidal.
-          Vocal de Terceira Idade: Angelina Meis.
-          Vocal de Deportes: José Luis Otero.
As areas de traballo e as súas funcións, aínda están abertas; xa que houbo persoas que non puderon acudir a esta asamblea, e que condideramos de gran valía para desenrolar funcións importantes dentro de esta Executiva Municipal.
O traballo de Secretario de Administración e Finanzas, será desempeñado por Félix Lamas.
Durante a Asamblea tocaronse outros temas da actualidade política local, sendo o máis destacado a aprobación por parte do Consello da Xunta de Galcia do convenio para a constitución do novo Pavillón de Deportes, polo que tanto loitou o noso concelleiro, José Alfredo Bea.

No hay comentarios:

Publicar un comentario