Os galeguistas de partido de hoxe:
Queren amosar o seu recordo, ante a perda dun dos mais destacados referentes para nos: ISAAC DIAZ PARDO.
Con sabor agridoce pero con sentimentos de autenticidade, queremos comunicarlle á sua familia e amigos; que o xerme galeguista sigue presente na política galega, sen disfraces nin hipocrisías e dende os nosos corazóns, queremos achegarvos esta mensaxe con humildade pero enchidos de orgullo ante un referente tan valioso e imperecedoiro. Para nós e por Galicia, lamentamos que siga “silenciándose o acontecer presente, borrándose ou desfigurándose” (Baldomero Cores Trasmonte).
Para moitos de nos súmase a pena de non habelo coñecido persoalmente; é paradoxal pero a triste realidade. Do que non hai dúbida algunha, é de que o xerme galeguista segue vivo, sen disfraces nin usurpacións. Inda que valoramos os moitos recoñecementos e agasallos que lle foron outorgados, para nos son sinxelas liscas de aparencia xa que a súa valentía e xenerosidade non teñen parangón e queremos e desexamos loitar pola súa “inmortalidade” e non cesaremos no noso empeño, ata que todas as vilas e pobos de Galicia lle dediquen un recoñecemento físico na súa memoria.
E rematamos abrindo os nosos brazos en sinal de acollemento a todos vos.Sabemos que tanto él coma seu pai, quixeron a Galicia e que “a estreliña forxada na irmandade” que suxeitou na súa cabeza, nos salpique a todos nos; e podamos tamén acadar a luz da liberdade así como a dignidade, a altura dos seus sentimentos.
UN GALEGUISTA
No hay comentarios:
Publicar un comentario