Queridos galeguistas militantes de CXXI, PGD, CG, PNG-PG, TeGa:
Dirixímonos a vós ca intención de darvos a coñecer o "Manifesto pola unidade do centro galeguista". O documento foi redactado por parte dos representantes das militancias que asinan enbaixo e pretende darlle a oportunidade aos afiliados destes partidos de se posicionaren con respecto á posibilidade dunha acción conxunta de cara ás vindeiras eleccións autonómicas.
Tendo en conta que moitos de vós comunicastes a vontade dunha achega das nosas formacións, redactouse o presente manifesto ca intención de poder materializar esa vontade en feitos reais por parte das executivas dos nosos partidos, que actuarán como fixeron sempre na interese dos militantes e defendendo as nosas ideas. Ca nosa sinatura deixamos reflexo da nosa vontade de que se produza unha unión do galeguismo de centro, como paso previo a posibles negociacións con outros colectivos que residen ideolóxicamente na esquerda e que agora semellan querer tender pontes cara o centro. Nós, como centro verdadeiro, non temos nada contra ese movemento e a sinatura deste manifesto non implica rexeitar unha posible colaboración con el. Trátase somentes de favorecer a formación dun centro galeguista forte e unido, como paso previo.
Por este motivo, convidámosvos a que participedes a transmitir este sentir ás nosas executivas e poidan deste xeito actuar sen freos e ca seguridade de contar cun grande respaldo por parte dos afiliados nun tema tan importante como o que se está a tratar. Pregámosvos que para respostar ca vosa sinatura, o fagades dirixíndovos ao correspondente representante do voso partido, indicando nome e, a xeito informativo, qué tipo de traballo conxunto desexaríades (coalición de partidos ou fusión baixo unhas siglas novas con unión de militancias). O mellor é unha resposta inmediata e rápida unha vez lido o manifesto, respostando ao enderezo indicado ca resposta dentro do ASUNTO.
Agradecéndovos a vosa colaboración unha vez máis e por certo que non por derradeira vez, recibide unha aperta cordial!
No hay comentarios:
Publicar un comentario