25 abr 2014

Moción do PGD de Padrón



Moción que se aprobou por unanimidade no pleno ordinario celebrado Xoves día 24 de abril, ás 20 horas.
O acordo a adoptar  foi o seguinte:
  A realización dos trámites necesarios para levar a cabo os puntos mencionados anteriormente.









Ó PLENO DO CONCELLO DE PADRÓN,

Don Anxo Rodríguez Conde na súa condición de Voceiro do Grupo Municipal do Partido Galeguista, e ó abeiro do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presenta á consideración do Pleno da Corporación Municipal as seguintes:

MOCIONS

  1. Para lograr un maior acercamento dos servizos do Catastro os veciños e manter o mais actualizado posible a información sobre os bens inmuebles e a existencia de un inventario dos bens inmobles, debidamente actualizado consideramos que debería existir un Punto de Información Catastral dentro do noso Concello. Isto faríase con unha colaboración administrativa do Concello coa Dirección Xeral do Catastro.

  1. As funcións que poderán ser obxecto dos convenios veñen reguladas no artigo 64.3 do Real Decreto 417/2006, tales como a tramitación de expedientes relativos a cambios na titularidade catastral dos inmobles, tramitación de declaracións relativas a modificacións na descrición catastral dos inmobles, subsanación de discrepancias, colaboración no proceso de notificación e atención ao público derivados dos procedementos de valoración colectiva ou doutros procedementos catastrais....

  1. Os convenios de colaboración poderán subscribirse previa petición da entidade interesada. A solicitude será formulada directamente ante a Dirección Xeral ou ben a través da Xerencia ou Subxerencia do Catastro correspondente segundo o ámbito territorial da entidade colaboradora.

  1. Á solicitude achegarase unha memoria explicativa co obxecto do convenio, o alcance das funcións a exercer e os medios persoais e materiais para o desenvolvemento das mesmas. En todo caso, e para simplificar a labor dos servizos administrativos do Concello, xunto o convenio marco con Catastro.




En Padrón, a 14 de marzo de 2014








Asdo.. Anxo Rodríguez Conde


No hay comentarios:

Publicar un comentario