NOTA DE PRENSA DO P.G.D. DE PADRON
TEMA: PLAN PROVINCIAL DTC 2014
O PGD parte da base que toda inversión que veña ao noso Concello e boa, xa sexa de infraestructura ou doutro tipo. Neste DTC 2014, presentado onte ò pleno para a súa aprobación, foron propostas únicamente consensuadas entre os membros do goberno do PP, e decir, un goberno que representa a 5 concelleiros de 13 que ten a Corporación Municipal, os do PP son os que decidiron que son obras prioritarias, sen desmerecer que algunha sexa, pero sen contar con nadie máis. Polo que dende o PGD consideramos que neste tipo de Plans ou doutros que veñan a Padrón, e máis nas circunstancias de números actuais que nos movemos en representación na Corporación, terían ou deberían falar, negociar co resto dos membros das forzas políticas do Concello, para que os distintos partidos presenten outros proxectos e buscando sempre a máxima optimización e o máximo rendimento dos investimentos a realizar no noso Concello, e decir, que entre todos dígamos cales son obras prioritarias e que destas saian beneficiados o maior número de veciños. Tamén queremos aclarar que nos tíñamos coñecemento deste Plan, pero dentro destas propostas do PP, non hai ningunha das que lle plantexamos no seu momento, cando pertenecíamos ao goberno, é máis,presentaramos 2 proxectos redactados por técnicos que eran o "Saneamento de Iria-Flavia" proposta presentada en Maio de 2013, e "Mellora de Rede de Saneamento e Instalación de Bombeo en Lestido" proposta en Marzo de 2014 ademáis esta non necesita permisos sectoriais para a súa execución e ningunha foi presentada para aprobación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario